RCD / NOVAS

Lorena Reina, nova xogadora do Dépor ABANCA 22-23

20/07/2022 20:16

Lorena Reina Herrera (Madrid, 7 de xaneiro de 1997) é nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2022-2023.

A defensa madrileña, que pode actuar como central ou lateral, provén do Real Oviedo Femenino, co que a pasada campaña xogou 10 partidos, 5 deles como titular, no mesmo grupo Norte de Reto Iberdrola no que competiu o Dépor ABANCA. O curso anterior, no mesmo conxunto e na mesma categoría, Lorena participou en 16 encontros, todos de inicio.

Con anterioridade, a nova xogadora deportivista militou nos equipos B e C do Atlético de Madrid antes de incorporarse, na campaña 2018-2019, ao Madrid CFF. Co conxunto branco principalmente formou parte do filial, aínda que na temporada 2019-2020 tivo a oportunidade de debutar co primeiro equipo, disputando 2 encontros na máxima categoría nacional.

Con esta novena incorporación, o cadro do Deportivo ABANCA 2022-2023 atópase da seguinte maneira: Yohana e Lucía Alba (porteiras), Inés Altamira, Raquel García, Patri López, Cris Martínez, Samara, Lorena Reina (defensas), Paula Gutiérrez, Carlota Sánchez, Eva Dios, Letti, Henar (centrocampistas), Ainhoa Marín, Aroa, Laura Fernández, Carlota Suárez, Millene e Marta Charle (dianteiras).