RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Estamos moi tranquilos. temos calidade, estamos a traballar ben e imos mellorando

Miguel Ángel Lotina compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Case 72 horas después, e tras velo por vídeo, resumió o choque ante a Valencia: "Non xogamos nada mal ao fútbol. Fixemos

O adestrador deportivista advirte que o equipo non vai cambiar a súa filosofía, "porque é na que cremos. Se o Real Madrid ten a pelota é porque nola quitou". Confesa que o Club está a seguir a futbolistas "porque é a nosa obrigación", e avisa que os reforzos do mercado de decembro "iránolo marcando a propia evolución do persoal. Hai un mes saía á rúa e a xente dicíame 'míster hai que traer un lateral esquerdo'. Hoxe, ninguén cho di porque entre outras cousas Filipe está que se sae".

Asegura Lotina que, "sendo conscientes da nosa situación clasificatoria, estamos moi tranquilos. Hai calidade, estamos a traballar moi ben e imos mellorando en diferentes aspectos".

Por outra banda, cualificou de lóxica "" a conclusión que se pode extraer da reunión que mantivo onte en Madrid o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, e o Secretario Xeral da Federación Mexicana respecto ao torneo preolímpico de México, do que quedará exento Andrés Gardado: "Unha cousa é un rapaz novo que mesmo ata nos viría ben para que colla experiencia e renome. E outro caso é o de Gardado, un futbolista de 21 anos pero xa consagrado e que para nós é moi importante", razoou o preparador branquiazul.