RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O XV Torneo Real Club Deportivo, novo éxito de participación e de público en Abegondo

A Cidade Deportiva de Abegondo acolleu, como cada 17 de maio, unha nova edición do Torneo Real Club Deportivo que, desde as 09:00 horas e até as 20:30 foi o escenario, de forma ininterrompida, de máis de 300 partidos en categoría prebenxamín e benxamín. O triunfo final en cada unha delas foi para as Escolas Luís Calvo e o Real Club Celta.

Os carballeses impuxéronse na final ao Ural por 1 gol a 0, con tanto de Lucas que lle serviu para levar o torneo. Ambos os conxuntos impuxéronse a Victoria e Ponteareas en semifinais.

Pola súa banda, o Real Club Celta gañou por 4-1 ao Deportivo con goles de Iago, Noah, Bryan e Lucas, mentres que para os locais anotou Pablo. Foron semifinalistas Atlético Fátima e Luís Calvo.

Todos os equipos recibiron as súas medallas e trofeos ao termo das finais de mans de Enrique Calvete, conselleiro do Real Club Deportivo, José Antonio Santiso, alcalde de Abegondo, Juanfran, capitán do Dépor, Fabian Schär, xogador branquiazul e as futbolistas do Deportivo Abanca Iris Arnaiz, Sara del Estal e Silvia Mérida.

Na entrega tamén estiveron presentes os xogadores do Rápido de Bouzas, a quen a organización do Torneo quere pedir desculpas públicas polo erro cometido na aplicación do regulamento da competición. O club vigués non debería xogar os cuartos de final ante o Real Club Celta, co que xa se enfrontou na elimintoria anterior e á que accedera após ser repescado como o mellor dos eliminados. Desculpas sinceras ao Rápido de Bouzas, aos seus xogadores, técnicos e aos pais dos xogadores que, de todos os xeitos, esperamos gozasen desta xornada como os máis de 2.500 futbolistas e os seus familiares, que ao longo do día pasáronse polas instalacións do Real Club Deportivo.