RCD / NOVAS

Malena e Teresa entran na lista definitiva de España sub-19 para o Europeo de Suíza

06/07/2018 18:57

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira entraron na lista definitiva de 20 futbolistas que disputarán coa Selección Española o Campionato de Europa sub-19, que se celebrará en Suíza este mes de xullo.

A gardameta e centrocampista branquiazuis concentráronse na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) o pasado luns 2 de xullo. Nesta primeira concentración estaban citadas 24 futbolistas.

Hoxe venres 6 de xullo, o seleccionador nacional, Jorge Vilda, fixo 4 descartes e, o vindeiro luns 9 de xullo, o equipo nacional concentrarase de novo en Las Rozas esta vez só coas 20 elixidas para afrontar o Europeo, no que España defende título.

O torneo terá lugar entre o 18 e o 30 do mesmo mes no país helvético.

O calendario de España, encadrada no Grupo A de a primeira fase, é o seguinte:

Mércores 18 de xullo
15:00: ESPAÑA - NORUEGA, no estadio Niedermatten (Wohlen)

Sábado 21 de xullo
18:15: SUÍZA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Martes 24 de xullo
18:15: FRANCIA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais (venres 27 de xullo) e os vencedores á final (luns 30 de xullo).