RCD / NOVAS

Malena e Teresa protagonistas no pase de España ás semifinais do Europeo sub-19

24/07/2018 21:14

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira están en Suíza coa selección española, na defensa do título de campioas de Europa sub-19.

A gardameta e centrocampista branquiazuis foron titulares hoxe martes 24 de xullo no gran triunfo hispano (1-2) ante Francia que vale unhas semifinais continentais.

O partido decidiuse no tramo final. Athenea adiantou ás españolas no minuto 70. Igualou Francia no 80 e Olga Carmona lograba o tanto definitivo no minuto 84.

Malena xogou todo o partido no que foi o seu debut nesta competición e Teresa Abelleira foi substituída no minuto 87, nun cambio táctico.

Na Fase de Grupos, a mediocentro deportivista foi titular e xogou completo os outros 2 anteriores partidos, ante Noruega e Suíza.

O vindeiro venres 27 de xullo, España enfrontarase a Dinamarca na semifinal do Campionato de Europa sub-19.

O calendario do equipo español, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Fase de Grupos

Mércores 18 de xullo
ESPAÑA 0 - NORUEGA 2

Sábado 21 de xullo
SUÍZA 0 - ESPAÑA 2

Martes 24 de xullo
FRANCIA 1 - ESPAÑA 2

Venres 27 de xullo
Semifinal
ESPAÑA - DINAMARCA en Biel/Bienne