RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Mañá mércores 28 de decembro arrincan os torneos de Nadal na canteira

A Aragon Cup marca mañá mércores 28 de decembro o inicio de varios torneos de nadal previstos na canteira deportivista durante este parón ligueiro.

Os equipos branquiazuis (Cadete A, Infantil A, Infantil B, Alevín A, Alevín B y Benxamín A) competirán en Zaragoza, Huesca, Vigo, Roma e A Coruña.

Cadete A e Infantil B xogan a Aragon Cup 2016 en Zaragoza e Huesca

Dous equipos do RC Deportivo (Cadete A de División de Honra e Infantil B de Primeira División Autonómica) participan este Nadal na Aragon Cup 2016 en Zaragoza e Huesca.

Así, o Cadete A, que xogará os seus partidos no campo de El Olivar (Zaragoza), quedou emparellado con Cerdanyola FC B e o EM El Olivar A.

O calendario de competición da Primeira Fase é o seguinte:

Mércores 28 de decembro
10:00: CADETE A - EM EL OLIVAR A (campo 1)
19:00: CERDANYOLA FC B - CADETE A (campo 2)

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, xa o xoves 29 de decembro. O terceiro de cada grupo loitará polos postos noveno ao décimo segundo.

Pola súa parte, o Infantil B, que xogará os seus partidos en Huesca, ficou encadrado na Primeira Fase co CP Calasancio e a SD Huesca B.

O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:

Mércores 28 de decembro
10:15: INFANTIL B - SD HUESCA B (campo do CD Río Isuela - Universidad)
17:00: INFANTIL B - CP CALASANCIO (campo do CD Río Isuela - Universidad)

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, xa o xoves 29 de decembro. O terceiro de cada grupo pelexará polos postos noveno ao décimo segundo.

Alevín A e Benxamín A, no Torneo de Nadal do Ural

O Alevín A e o Benxamín A do Deportivo compiten no Torneo de Nadal do Ural, que terá como escenario o campo de Elviña (A Coruña).

Así, o Alevín A xoga o venres 30 de decembro, con este calendario da Primeira Fase:

10.00: ALEVÍN A - SANTIAGO DE COMPOSTELA
11.00: XUVENTUDE DE OROSO - ALEVÍN A
12.00: EF LALÍN - ALEVÍN A

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se disputan xa a continuación.

Pola súa parte, o Benxamín A participa o xoves 29 de decembro, con estes partidos da Primeira Fase xa definidos:

9.30: BENXAMÍN A - ORILLAMAR
10.30: VICTORIA - BENXAMÍN A
11.30: BENXAMÍN A - CALASANZ

Os dous primeiros equipos clasificaranse a cuartos de final, que se xogan a seguir.

O Alevín B participa no Torneo Concello de Vigo

O Alevín B branquiazul xoga o próximo venres 30 de decembro o Torneo Concello de Vigo, que terá como escenario o Municipal de Pahíño en Navia.

Os partidos da Primeira Fase para o equipo deportivista son os seguintes:

11.00: LUGO A - ALEVÍN B
12.30: CAMPIÓN DA FASE PREVIA DE VIGO - ALEVÍN B

O primeiro clasificado accede a semifinais, que se xogan xa a continuación.

O Infantil A comezará 2017 cun torneo amigable en Roma

O próximo domingo 1 de xaneiro de 2017, o Infantil A do Deportivo, que compite na Liga Galega, viaxará a Roma (vía Madrid) para competir nun torneo amigable de fútbol once organizado polo clube italiano GSD Nuova Tor Tre Teste.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co FC Inter, o SS Lazio e o Margine Coperta.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Luns 2 de xaneiro de 2017
17.00: INFANTIL A - FC INTER (campo Francesca Gianni)

Martes 3 de xaneiro de 2017
19.00: SS LAZIO - INFANTIL A (campo Francesca Gianni)

Mércores 4 de xaneiro de 2017
15.00: INFANTIL A - MARGINE COPERTA (campo de Candiani)

O primeiro clasificado disputará as semifinais, que se xogarán o xoves 5 de xaneiro.