RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Manuel Pablo: ''o equipo foi competitivo contra case todos os rivais''

  Manuel Pablo, que a semana pasada recibió o alta médica, manifestó esta mañana na sala de prensa de Abegondo estar "non ao cento por cento", pero sí "bastante mellor, con faísca. Cada día

Recoñeceu ter ganas de que chegue o partido deste sábado 28 de novembro no Estadio de Gran Canaria ante a UD As Palmas (22.00, Canle + Liga / Abono Fútbol): "é especial e bonito volver á illa".

Confesa falar regularmente co ex deportivista Juan Carlos Valerón, agora nas filas do conxunto amarelo: "sempre falamos, aínda que levamos agora dous ou tres semanas sen falar. Sempre falando dos equipos, dos xogadores de cada equipo. Contento porque está aí outro ano e de cando en vez xogando. Querería xogar máis, como todos, pero sabe que está nun vestiario que todos lle aprecian e leva moi ben con todos. Está contento".
 
Subliña que "ambos tivemos a sorte de que os nosos equipos seguiron contando connosco e os adestradores consideran que tamén podemos axudar. Para nós é un reto e é bonito vernos aí despois de tantos anos".
 
Da traxectoria do Dépor esta tempada, o capitán branquiazul opina que "temos unha moi boa liña. Se cadra nalgún partido, sobre todo contra rivais que se cadra podiamos esperar máis, é onde fallamos. Pero en liñas xerais o rendemento foi bo. En xeral o equipo foi competitivo contra case todos os rivais. Iso é bo. Os xogadores demostraron todos estar a bo nivel, que calquera pode xogar e iso é bo para o equipo".