RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Jenny Corros, nova xogadora do Dépor ABANCA B

Jennifer Rodríguez Fuertes (Oviedo, 30 de abril de 2003), coñecida futbolísticamente como Jenny Corros, chega á dianteira do Dépor ABANCA B até xuño de 2026.

A nova futbolista branquiazul formouse na canteira do Sporting de Gijón e a do Real Oviedo antes de dar o salto ao Viajes InterRías FF de Segunda Federación na temporada 2023-24.

No conxunto pontevedrés xogou 30 partidos, 29 deles como titular, e anotou en liga 14 goles. A eles hai que sumar 1 encontro de Copa de la Reina, ante a Fundación Albacete Balompié.

A súa boa temporada no Viajes InterRías FF valeulle a súa fichaxe polo Atlético de Madrid B en Primera Federación FutFem, no que participou a temporada pasada (2024-25) en 8 partidos e anotou 1 gol.

Jenny Corros é a cuarta incorporación do Dépor ABANCA B despois da chegada de Daniela Valbuena, Sara Barreda e Sonsoles Martín.