RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Antía Veiga disputará coa selección española sub-17 dous amigables ante Inglaterra

Antía Veiga Caramés (Ames, 9 de maio de 2009) foi convocada pola selección española sub-17 para disputar dous partidos amigables ante Inglaterra neste mes de agosto.

A canteirá branquiazul incorpórase á concentración do equipo nacional en Alfaz del Pi este mércores 27 de agosto.

Os encontros ante as inglesas xogaranse en La Nucía con este calendario:

Xoves 28 de agosto
11:00: ESPAÑA - INGLATERRA no Estadio Camilo Cano de La Nucía

Domingo 31 de agosto
11:00: ESPAÑA - INGLATERRA, no Estadio Camilo Cano de La Nucía

Finalizado este segundo choque, a porteira deportivista regresará á Coruña.

Antía Veiga, que chegou en cadetes a #ANOSACANTEIRA, acaba de renovar o seu contrato polo RC Deportivo até xuño de 2028.