RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

A selección española sub-15 convoca a Antón Vilariño para uns adestramentos do 25 ao 28 de agosto

Antón Vilariño Escariz (A Coruña, 12 de xullo de 2011) foi citado pola selección española sub-15 para uns adestramentos que terán lugar en Alfaz del Pi (Alacante) do luns 25 ao xoves 28 de agosto.

Este central zurdo que milita no San Tirso SD Cadete chegou a ANOSACANTEIRA ao Fabril FC Benxamín.

A temporada pasada no Infantil de División de Honra xogou 27 partidos, 25 deles como titular, e anotou 6 goles.

Antón Vilariño xa sabe o que é vestir a camiseta nacional porque a campaña pasada foi convocado pola selección española sub-14 para dous partidos amigables ante Qatar e Irlanda del Norte tamén en Alfaz del Pi.