RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Triunfo do San Tirso SD Cadete este martes e calendario deste mércores, co Fabril en Pontedeume ante a SD Sarriana

O San Tirso SD Cadete (na foto da noticia) deu este martes o pistoletazo a unha nova semana de amigables en ANOSACANTEIRA.

Os 'verdes' impuxéronse no Monte (2-1) ao Victoria CF con goles de Asier e Carlos Crespo.

En canto ao resto de categorías, este mércores o Fabril enfróntase en Pontedeume á SD Sarriana de Segunda Federación. O encontro arrincará ás 19:00.

Manuel Pablo non poderá contar cos lesionados Manu Ferreiro e Aarón.

É o sexto amigable nesta pretemporada para o equipo fabrilista após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), o do Racing de Ferrol en Narón (3-2), o da SD Compostela en Arzúa (0-2), o do CD Estradense na Estrada (0-3) e o do Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1).

Tamén ten amigable o equipo cadete deportivista, ás 18:30 no Monte ante o San Tirso SD de categoría xuvenil.

A pasada semana, o Cadete goleou na súa primeira cita (7-1) ao Ural Español CF.

Esta semana, concretamente o venres 22, o Fabril vese as caras en Abegondo (20:00) co Atlético Coruña Montañeros CF de Tercera Federación.

Ademais o Xuvenil A, con dous xogadores citados pola selección española sub-17 (Mauro Valeiro e Samba Wade), visita ao Sigüeiro FC de Preferente o sábado 23 no campo Lino Balado e o Xuvenil B desprázase a Suíza para participar na Geneve Cup co Servette FC, FC Inter e Arsenal FC como rivais na Primera Fase.

Completan a semana o venres os partidos do Infantil ante o CD Calasanz en Abegondo e do San Tirso SD Infantil no Monte ante o Bergantiños CF.

O calendario de amigables confirmados, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
SD SARRIANA - FABRIL, o mércores 20 de agosto ás 19:00 na Gándara (Pontedeume)
FABRIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o venres 22 de agosto ás 20:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
SIGÜEIRO FC (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 23 de agosto ás 11:00 no campo Lino Balado (Oroso)

11ª GENEVE CUP no Stade des Arbères (Meyrin, Suíza)
Primera Fase
Sábado 23 de agosto
10:50: FC INTER - XUVENIL B
15:25: SERVETTE FC - XUVENIL B
19:05: XUVENIL B - ARSENAL FC
En función da clasificación, os equipos acceden a unha fase final o domingo 24 de agosto

Categoría cadete
SAN TIRSO SD (xuvenil) - CADETE, o mércores 20 de agosto ás 18:30 no Monte

SAN TIRSO SD CADETE 2 (Asier e Carlos Crespo) - VICTORIA CF 1

Categoría infantil
INFANTIL - CD CALASANZ, o venres 22 de agosto ás 18:00 en Abegondo (campo sintético)

SAN TIRSO SD INFANTIL - BERGANTIÑOS CF, o venres 22 de agosto ás 16:45 no Monte