RCD / NOVAS

Maratón de partidos para o Benxamín B en Alemaña

06/06/2019 17:00

O Benxamín B encara un maratón de partidos esta fin de semana en Colonia (Alemaña), con motivo da U9 IKK Classic PfingstCup 2019.

O conxunto deportivista ten como rivais iniciais ao KS Zakopane, TuS Quelle, Spvg Wesseling-Urfeld e Osnabrücker SC Blau.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Sábado 8 de xuño
14:00: BENXAMÍN B - KS ZAKOPANE
14:32: OSNABRÜCKER SC BLAU - BENXAMÍN B
15:20: SPVG WESSELING-URFELD - BENXAMÍN B
16:08: BENXAMÍN B - TUS QUELLE

Os dous primeiros de grupo avanzan a unha Segunda Fase, a partir das 16:55 horas.

O Alevín B, á Azpeitia Cup 2019

O Alevín B participa desde este venres 7 de xuño na Azpeitia Cup 2019, torneo que se desenvolve nos campos municipais de Garmendipe, na citada localidade gipuzkoana.

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo 8, co RCD Espanyol, Alavés, Sanse e CF San José.

O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:

Venres 7 de xuño
18:00: ALEVÍN B - CF SAN JOSÉ (campo 1)

Sábado 8 de xuño
11:30: RCD ESPANYOL - ALEVÍN B (campo 2)
16:30: SANSE - ALEVÍN B (campo 4)
18:30: ALAVÉS - ALEVÍN B (campo 4)

Os dous primeiros clasificados de grupo clasifícanse para unha Fase Final, tamén por grupos, que arranca o domingo 9 de xuño ás 9:00 horas.

Cita para o Cadete B esta fin de semana en Amsterdam

O Cadete B, que acaba de terminar o grupo norte da Liga Galega na 3ª praza, ten cita esta fin de semana na cidade holandesa de Amsterdam, con motivo do Torneo International OSM '75 en categoría sub-15.

Os rivais do equipo deportivista serán o OSM '75, Aberdeen FC, FC Dordrecht, Excelsior Rotterdam, FC Twente, ADO Den Haag e FC Copenhagen.

O calendario inicial de partidos do Cadete B, baixo o formato de liga todos contra todos, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 8 de xuño
10:55: CADETE B - FC TWENTE
11:55: ADO DEN HAAG - CADETE B
13:25: CADETE B - OSM '75
14:55: ABERDEEN FC - CADETE B

Domingo 9 de xuño
9:00: CADETE B - FC COPENHAGEN
10:35: CADETE B - FC DORDRECHT
12:10: EXCELSIOR ROTTERDAM - CADETE B

Segundo clasificación, os equipos pelexarán despois na Fase Final, que arrinca a continuación.

O Xuvenil B desprázase a Francia para disputar a 35ª International Rezé Football

Primeiro torneo amigable para o Xuvenil B, unha vez concluída en 4ª posición a competición na Liga Nacional.

Esta semana, o conxunto deportivista viaxa a Francia para disputar a 35ª edición da International Rezé Football na localidade de Rezé.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B cos seguintes equipos: USSA Vertou, FC Rezé e FC Nantes.

O calendario inicial do Xuvenil B é o seguinte:

Venres 7 de xuño
9:00: XUVENIL B - USSA VERTOU (campo A)
12:00: FC REZÉ - XUVENIL B (campo B)
16:00: XUVENIL B - FC NANTES (campo A)

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogarán o sábado 8 a partir das 10:30 horas. Os outros dous equipos acceden a unha Fase de Consolación, que arranca tamén o sábado pero a partir das 9:30 horas.