RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mario Soriano cualifica de "moi bo" o partido do equipo e Juergen Elitim ve "importante arrincar así o 2022"

Mario Soriano e Juergen Elitim foron os protagonistas na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O atacante madrileño cre que o partido do Deportivo "foi moi bo. Sentinme moi cómodo e o que quería o míster deillo. Estou moi satisfeito do traballo de todo o equipo e tamén individual".

Admite que o de Unionistas CF e o de hoxe "foron os dous mellores partidos que xoguei co Dépor. Este partido sentinme moi cómodo. Xoguei na posición que máis me gusta, detrás de Miku, con liberdade de movementos, facendo rupturas cando Miku baixaba unha altura. Estou moi contento porque foi un partido moi bo".

Sente Mario Soriano que "con este partido a miña confianza subiu. Desde que empecei o partido atopeime moi a gusto, recibindo o balón, descargando de cara ou á banda... É a posición que máis me gusta e na que o míster pode sacar máis beneficio de min".

Finalmente está tamén moi feliz polos 40 puntos alcanzados, "que non sei se imos repetir na segunda volta porque sempre é máis complicada. Os equipos empézanse a xogar moitas cousas: ascenso, playoff... E van ser os partidos máis complicados. Esta primeira volta fixemos moi bos partidos, sacamos puntos importantes en campos moi difíciles. Non hai que baixar os brazos, seguir xogando como o estamos facendo e sumar de tres en tres para cumprir o obxectivo".

Pola súa banda, Juergen Elitim confesou sentirse, na súa posición de dobre pivote, "bastante cómodo aí por dentro. Estamos a optar por variar o sistema. Temos un equipo moi versátil, cun gran cadro, e por sorte o equipo adáptase ao que pide o míster".

É consciente o centrocampista colombiano e todo o vestiario deportivista que "sempre son difíciles estas continuacións cando vés dun tempo parado. Pero o equipo atopouse ben, cun bo ritmo de competición, adaptouse ao que pedía o partido en cada momento. É importante arrancar desta maneira 2022".