RCD / NOVAS

Marlos: ''Temos que seguir crendo no que traballamos''

27/11/2016 21:05

Marlos Moreno, un dos futbolistas máis activos onte en ataque en Málaga, compareceu hoxe ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. "O equipo vén de menos a máis, xa nos atopamos con máis confianza, independentemente dos goles que nos fixeron. Creo que foron erros nosos e hai que traballalos. Cremos no que facemos e hai que seguir remando", apunta respecto ao encontro de en A Rosaleda.

Nesta liña, o atacante deportivista subliña que "se fixo un bo partido. Lastimosamente non se sacou o resultado que queriamos".

Non cre que haxa falta de liderado no equipo para os momentos complicados: "sempre tivo líderes dentro da cancha. Xogadores de experiencia como Juanfran, Guilhe, Sidnei... Sempre son os primeiros en tratar de animar ao equipo en canto preséntanse esas situacións".

Descarta o internacional colombiano que o feito de recibir golpes nos últimos minutos, como pasou recentemente e de maneira consecutiva ante Sevilla e Málaga, sexa por problemas físicos: "Estamos moi ben fisicamente, adestrámonos moi, moi, moi ben. Lastimosamente é a sorte que non nos acompañou un pouquiño".

Para saír deste refacho, opina Marlos que "a nosa responsabilidade é sumar da tres. veñen partidos moi importantes. Queremos seguir remando, temos que seguir crendo no que traballamos, no que se fai na semana. Crernos a nós mesmos que podemos sacar bos resultados en casa e fóra de casa".

Máis novas de: MARLOS MORENO