RCD / NOVAS

Martí queda coa primeira parte, "na que estivemos moi ben"

13/04/2019 20:48

José Luis Martí subliñou na sala de prensa de El Sadar que "estamos máis preto de gañar coa actitude, o compromiso e o bo fútbol dos xogadores".

O técnico deportivista recalcou que "na primeira parte estivemos moi ben. Recibimos practicamente dúas ocasións, unha na que nos empataron e outra a balón parado. Nós nada máis empezar tivemos unha ocasión de Christian Santos, algunha que outra chegada, o gol de Quique, algunha chegada máis..."

Queda destes minutos "coa personalidade do equipo, pisando a área rival, sendo valente, indo presionar arriba. Esa é a maneira".

Logo admite que "a ansiedade na segunda parte condicionounos moito, de buscar demasiado o balón ao espazo, demasiado longo".

Insiste Martí en que "o obxectivo final conséguese a través de cada semana. Non nos queda outra que tentar conseguir unha vitoria a fin de semana que vén".

A pesar de que advirte que "calquera equipo lle pode gañar a calquera, a situación non é fácil e a todo o mundo cústalle gañar, pero non pasa outra cousa pola nosa cabeza que non sexa gañar o seguinte partido".

Máis novas de: MARTÍ