RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mauro xa está na Coruña

Mauro Silva xa está na cidade herculina. O xogador foi recibido no aeroporto coruñés de Alvedro por unha multitude que non deixou de aclamalo e darlle ánimos nestes momentos difíciles para o xogador.

Despúes da emocionante chegada o xogador falou ante os medios no Hotel Tryp María Pita, onde explicou as razóns da súa marcha e do seu regreso. Mauro comentou que a súa muller "está a pasar por unha crise depresiva" e engadiu que "na escala de valores a familia está por encima de todo, o que inclúe o traballo e o diñeiro, que é para gozar con eles".

O xogador mostrouse desbordado e moi agradecido "por todo o agarimo" recibido, primeiro mentres estivo en Brasil e logo no seu recibimento na cidade herculina. Confesou que "A Coruña e o Deportivo significan moito para min" pero engadiu que "por Terumi e por Mauro -o seu fillo- podería facer calquera cousa".

Mauro incorporarase hoxe ao traballo co equipo con ganas de superarse día a día, xa que esta decisión, "acordada" coa súa muller, Mauro Silva, que se incorporará hoxe aos adestramentos, apuntou que a decisión da súa volta está "acordada" coa súa muller, e dixo saber que ela "estará orgullosa da miña, se as cousas saen ben".