Media Gol Cup en Barcelona para os alevíns e amigables ante o FC Porto para os benxamíns, esta semana
Dobre cita amigable esta semana para os alevíns e benxamíns deportivistas.
Os dous equipos alevíns participan do venres 13 ao domingo 15 en Barcelona na 5ª edición da Media Gol Cup. Os partidos disputaranse no Nou Municipal de Cornellá.
Pola súa banda, os dous equipos benxamíns disputarán en Abegondo un amigable ante o FC Porto o sábado 14.
O calendario de partidos é o seguinte:
Media Gol Cup alevín Categoría A Primeira Fase Venres 13 de decembro 15:30: FC BARCELONA - ALEVÍN A (campo 1) 19:00: ALEVÍN A - EQUIPO DE FASE PREVIA (campo 1)
Sábado 14 de decembro 9:30: ALEVÍN A - EQUIPO DE FASE PREVIA (campo 3) 13:00: VALENCIA CF - ALEVÍN A (campo 1) 16:30: ALEVÍN A - KYOTO SANGA (campo 2)
Os dous primeiros de grupo disputarán a Fase Final; mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación.
Categoría B Primeira Fase Venres 13 de decembro 17:00: ALEVÍN B - EQUIPO DE FASE PREVIA (campo 3) 20:30: ALEVÍN B - STRICKERS FC (campo 1)
Sábado 14 de decembro 14:30: ALEVÍN B - UE CORNELLÀ (campo 2) 18:00: REAL MADRID - ALEVÍN B (campo 1)
Os dous primeiros de grupo disputarán a Fase Final; mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación.
Categoría benxamín FC PORTO - BENXAMÍN A, o sábado 14 de decembro ás 18:00 (19:00 na Coruña) na Cidade Deportiva Portogaia (O Porto)
FC PORTO - BENXAMÍN B, o sábado 14 de decembro ás 18:00 (19:00 na Coruña) na Cidade Deportiva Portogaia (O Porto)