RCD / NOVAS

Michele Somma, novo xogador do Dépor 2018-2019

22/08/2018 16:00

Michele Somma (Salerno, Italia, 16 de marzo de 1995) convértese, após superar onte o recoñecemento médico no hospital HM Modelo da Coruña, en novo xogador do Real Club Deportivo para as 2 próximas temporadas.

O central, internacional en todas as categorías inferiores da selección italiana e primeiro xogador transalpino da historia branquiazul, chega libre ao Deportivo, após militar na base da Juventus e a Roma, antes de xogar tamén no Empoli, Brescia e Bari, acumulando un total de 128 partidos oficiais e 5 goles.

Michele Somma exercitarase xa esta tarde en solitario nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, sumarase á disciplina do equipo no adestramento de mañá xoves e ofrecerá a súa primeira rolda de prensa como xogador do Dépor ao comezo da próxima semana.

Máis novas de: MICHELE SOMMA