RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Non estamos nerviosos nin preocupados. O que si queremos por suposto é gañar", asegura Jaime

Jaime Sánchez pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo a dous días de visitar ao Real Unión de Irún, o sábado 9 de outubro ás 17:00 horas (Footters) no Stadium Gal.

En primeiro lugar asegurou que está xa recuperado do partido ante a SD Logroñés en ABANCA-RIAZOR, do que se tivo que retirar nos minutos finais: "Viña dun parón, dunha pequena lesión. Sufrín cambras, chegou un momento que xa non podía seguir e pedín o cambio. Xa adestrei toda a semana e estou listo para Irún".

Despois de dous partidos sen gañar, "por suposto que queremos volver á vitoria", admite Jaime, "pero o equipo para nada está nervioso. Sufrimos un empate e unha derrota pero o inicio de liga segue sendo moi bo. Non estamos nerviosos nin preocupados. O que si queremos por suposto é gañar", engade.

Do partido ante a Real Unión de Irún, o defensor deportivista advirte que vai ser "complicado. Eles empezaron ben, pero agora veñen dunha xeira bastante mala; pero nesta categoría calquera equipo pode gañarche e máis fóra de ABANCA-RIAZOR".

Así pois, vaticina no Stadium Gal "un partido moi disputado, complicado. Eles teñen moita necesidade de gañar, pero nós tamén porque somos o Dépor e en calquera campo queremos gañar".

De feito, lembra que despois de catro partidos sen vencer, o conxunto vasco "estará motivado porque necesita gañar e porque vai xogar contra o Dépor e iso sempre é un extra de motivación. Pero nós tamén estamos moi motivados, temos moitas ganas de volver á vitoria e non llo imos a pór nada fácil".

Finalmente, preguntado polo canteirán Trilli, Jaime, un dos veteranos do vestiario de ABANCA-RIAZOR, apunta que "vén dunha lesión que non é importante, pero leva xa unas cantas semanas. El ten que estar tranquilo, recuperarse ben, sobre todo. E cando el estea preparado, volver á convocatoria se o míster decídeo así e xogar se o míster quere tamén. Pero sobre todo que estea tranquilo porque isto acaba de empezar. É unha lesión que non é complicada, que se cadra se está alargando un pouco máis, pero hai que estar tranquilo. O rapaz está tranquilo e nós estamos moi tranquilos e desexando que volva", reitera.