RCD / NOVAS

Nuria Rábano comeza mañá luns a preparar con España o Mundial sub-20

15/07/2018 11:21

A dianteira do Deportivo ABANCA Nuria Rábano foi convocada pola selección española sub-20 para disputar a próxima edición da Copa do Mundo da categoría, entre o 5 e o 24 de agosto na Bretaña francesa.

A selección comezará a fase de preparación de dúas semanas de duración mañá luns 16 de xullo, e prolongarase até o 30 de xullo. A expedición desprazarase a Francia o 1 de agosto.

O equipo intégrano o groso de xogadoras que o pasado verán proclamáronse campioas de Europa sub-19, nun torneo que Nuria tivo que abandonar por lesión. Aquela vitoria deu a España o billete para a novena edición da Copa do Mundo sub-20.

O calendario de España, encadrada no Grupo C da primeira fase, é o seguinte:

Luns 6 de agosto
16:30: PARAGUAI - ESPAÑA, no estadio Guy-Piriou (Concarneau)

Xoves 9 de agosto
16:30: ESPAÑA - XAPÓN, no estadio Guy-Piriou (Concarneau)

Luns 13 de agosto
13:30: ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no estadio Clos Gastel (Dinan/Léhon)

Os dous primeiros de cada grupo avanzan ás eliminatorias, que comezan en cuartos de final.