RCD / NOVAS

O 24 de xullo botará a rodar o primeiro DéporCampus Cabreiroá de Ordes

26/06/2017 19:56

O Concello de Ordes acolleu a presentación dun dos novos DéporCampus Cabreiroá que terán lugar neste verán de 2017, o que se celebrará no citado concello da provincia coruñesa grazas ao acordo de colaboración entre o RC Deportivo, a SD Ordes e o consistorio local.

O de Ordes é un dos catro novos DéporCampus Cabreiroá, xunto aos de Zas, Santiago e As Pontes. As datas da única quenda que terá lugar neste concello son do 24 ao 28 de xullo. O Campo Municipal de Vista Alegre, na capital do municipio, será a sede deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse ata o mediodía do xoves 20 de xullo.

Na fotografía superior, os participantes no acto de presentación. De esquerda a dereita: Roberto Rey (presidente da Mancomunidade de Ordes), José Barcala (responsable de metodoloxía do RC Deportivo), Pablo Barros (director do Campus), Ana Soneira (concelleira de deportes de Ordes), José Luis Martinez Sanjurjo (alcalde de Ordes) e Toño Vazquez (representante da SD Órdenes).

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl.