RCD / NOVAS

O Alevín B cae en cuartos de final da Galo Cup e o Benxamín B acaba terceiro na Estrada

25/05/2019 23:11

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Alevín B e Benxamín B, tiveron hoxe sábado 25 de maio torneo amigable na Estrada e Vila de Cruces respectivamente.

O Alevín B cae en cuartos de final da Galo Cup 2019

O Alevín B participou na X edición da Galo Cup, no Municipal do Camballón, en Vila de Cruces (Pontevedra).

O conxunto deportivista alcanzou os cuartos de final e caeu eliminado polo Real Valladolid. Unha meritoria actuación do Alevín B, posto que practicamente todos os equipos rivais estaban integrados por xogadores un ano maiores que os deportivistas, con todo o que esta circunstancia carrexa á hora de competir nestas categorías de iniciación.

Os resultados do equipo que prepara Luis Pastur foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN B 2 (Anxo -2-) - EF PORTERO 2000 1
UD SANTA MARIÑA 0 - ALEVÍN B 0
ALEVÍN B 0 - FC PORTO 0

Cuartos de final
ALEVÍN B 0 - REAL VALLADOLID 2

O Benxamín B, medalla de bronce no Torneo Concello da Estrada

O Benxamín B finalizou en terceira posición da IV edición do Torneo Concello da Estrada, organizado polo Escola Estrada Fútbol Base no Novo Campo Municipal da Estrada.

Ao conxunto deportivista escapóuselle a gran final nunha emocionante quenda de penaltis ante o Atlético de Madrid en semifinais.

Na final de consolación houbo igualdade máxima co Real Madrid, só desfeita cunha espectacular quenda de penaltis: 13-12 para os branquiazuis.

O deportivista Iago Varela foi seleccionado no 8 ideal do torneo.

Os resultados do equipo que prepara Álvaro Rodríguez foron os seguintes:

Primeira Fase
SD VILLESTRO 1 - BENXAMÍN B 2 (Lucas Vázquez e Pablo Vara)
BENXAMÍN B 0 - REAL MADRID 1

Segunda Fase
BENXAMÍN B 3 (Pablo Somoza, Raúl e Lucas Vázquez) - ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 0
BENXAMÍN B 4 (Iago Varela, Dani López, Iago Lameiro e Pablo Vara) - BERTAMIRÁNS FC 0

Cuartos de final
BENXAMÍN B 2 (José Quiroga e Rodrigo) - CD LÉREZ 0

Semifinal
BENXAMÍN B 2 (Javi e Lucas Vázquez) - ATLÉTICO DE MADRID 2. Por penaltis: 1-3

Final de consolación
BENXAMÍN B 1 (Pablo Somoza) - REAL MADRID 1. Por penaltis: 13-12