RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín faise forte en Caranza no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

O Alevín fíxose forte (0-3) no Municipal de Caranza no seu partido ante o Galicia Caranza correspondente á 8ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

Iago Lameiro, Antón e Pablo Vara foron os goleadores deportivistas.

Con este triunfo, o Alevín lidera o subgrupo con 22 puntos.

Alevín: Lucas López, Hugo González, Javi Seoane, Nico, Guille, José Quiroga, Lucas Vázquez, Pablo Vara, Pablo Somoza, Iago Varela e Raúl. Tamén xogaron: Martín Fernández, Martín Forján, Antón, Iago Lameiro e Gabri.

A próxima fin de semana, o Alevín recibe en Abegondo ao ED Luis Calvo Sanz, o seu inmediato perseguidor na táboa.

Os resultados do Alevín nesta competición son os seguintes:

Alevín 9 (Raúl -3-, José Quiroga, Nico, Iago Varela, Guille, Pablo Vara e Antón) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
CD Lugo 2 - Alevín 2 (Martín Forján e Iago Varela)
Alevín 2 (Antón e Martín Forján) - CD Calasanz 1
Racing de Ferrol 1 - Alevín 8 (Gabri -2-, Pablo Vara, Antón, Martín Forján, Iago Lameiro, Álvaro e Raúl)
Alevín 7 (Raúl -3-, Pablo Somoza -2-, Gabri e Iago Lameiro) - San Tirso SD 1
Victoria CF 1 - Alevín 6 (Antón -2-, Guille -2-, Raúl e Martín Forján)
Alevín 9 (Iago Lameiro -3-, Pablo Somoza -2-, Martín Forján, Raúl, Guille e Pablo Vara) - SD Residencia 0
Galicia Caranza 0 - Alevín 3 (Iago Lameiro, Antón e Pablo Vara)