RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A foi un vendaval en Vilagarcía

O Cadete A pasou polo campo Manuel Jiménez do Arousa (1-5) como o vendaval de auga, vento e frío que azouta Galicia este fin de semana.

Veiga, Mosquera, Litos e Pichu (2) foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o Cadete A é segunto na táboa da División de Honra con 32 puntos, a 4 puntos do líder, o Celta.

Cadete A: Brea, Litos, Pedro, Iván, Pablo, Barbeito, Pichu, Mosquera, Veiga e Borja. Tamén xogaron: Samu, Julián, Alexandre e Dani.

O Racing de Ferrol será o próximo rival do Cadete A, en Abegondo.

Os resultados da División de Honra do Cadete A son os seguintes:

Lugo 1 - Cadete A 1 (Ernesto)
Cadete A 2 (Mosquera -2-) - Bertamiráns 0
Vitoria 2 - Cadete A 2 (Pichu -2-)
Cadete A 2 (Pichu e Dani) - Ural 1
Cadete A 4 (Ernesto, Borja, Miguel e Pichu) - Bergantiños 1
Choco 0 - Cadete A 1 (Mosquera)
Cadete A 3 (Bruno, Pichu e Borja) - Pavillón 1
Coruxo 1 - Cadete A 2 (Ernesto e Pichu)
Cadete A 10 (Pichu -3-, Mosquera -2-, Borja -2-, Barbeito, Alexandre e Bruno) - Bora 0
Areosa 0 - Cadete A 8 (Pichu (5), Mosquera -2- e Ernesto)
Cadete A 7 (Pichu -3-, Iván -2-, Ernesto e Mosquera) - Ourense 0
Arousa 1 - Cadete A 5 (Veiga, Mosquera, Litos e Pichu -2-)