RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete A vence con claridade ao AJ Lérez tralo golpe sobre a mesa do derbi

O Cadete A, após dar un golpe encima da mesa a pasada fin de semana en Vigo no derbi ante o RC Celta, confirmou fronte ao AJ Lérez en Abegondo (5-1) as boas sensacións, sen indicio algún de relaxación.

Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2- foron os goleadores branquiazuis neste encontro correspondente á 8ª xornada na División de Honra.

Con este resultado, o Cadete A lidera o grupo con 24 puntos de 24 posibles, con 3 de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o RC Celta.

Cadete A: Sergio Varela, Quique Teijo, Xosé, Nico, Carlos, Rubén, Canales, Nacho, Hugo Baldomar, Castosa e Pablo Trigo. Tamén xogaron: Martín Ochoa, Diego, Roque e Embid.

A próxima fin de semana, o Cadete A visita ao Pabellón Ourense CF.

Os resultados do Cadete A até o momento son os seguintes:

Cadete A 4 (Martín Ochoa -2- e Hugo Baldomar -2-) - Bertamiráns FC 0
CD Calasanz 0 - Cadete A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Álex, Embid, Canales, Diego e Martín) - Racing de Ferrol 0
ED Xuventude de Oroso 0 - Cadete A 3 (Álex González -2- e Martín Ochoa)
Coruxo FC 0 - Cadete A 4 (Martín Ochoa -2-, Roque e Embid)
Cadete A 3 (Canales -3-) - CD Lugo 0
RC Celta 0 - Cadete A 1 (Martín Ochoa)
Cadete A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ Lérez 1