RCD / NOVAS

O corpo técnico visitou Vilalba para ultimar a concentración de pretemporada

21/07/2017 20:40

Pepe Mel e Roberto Ríos, acompañados polo director da secretaría técnica do Club, Ernesto Belo, desprazáronse hoxe venres a Vilalba, localidade lucense onde o Deportivo realizará a súa única concentración de pretemporada, que terá lugar do luns 7 ao venres 11 de agosto.

Visitaron o Hotel Attica21 Villalba, cuartel xeral do Dépor durante eses días, co fin de coñecer de primeira man as instalacións do complexo hoteleiro e o seu spa, ideal para as sesións de recuperación e tratamento dos futbolistas.

O pasado xoves 13 de xullo, os técnicos branquiazuis puideron comprobar o estado do campo da Magdalena, con motivo do primeiro amigable do equipo deste verán, ante o Racing Villalbés. Será neste recinto deportivo onde Pepe Mel e os seus xogadores realizarán as sesións de adestramento durante toda a concentración.