RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA ascende á Liga Iberdrola (1-4)

O Deportivo ABANCA fixo historia este mediodía en Gran Canaria, ao lograr o ascenso á máxima categoría do fútbol fememino nacional, após vencer ao CD Femarguín por 1-4, para un resultado global da eliminatoria de 1-6.

Comezou o encontro da mellor maneira posible, cun gol de Gaby no minuto 6 que obrigaba ao conxunto canario a marcar catro para dar a volta á eliminatoria. Unha falta botada en longo por Patri Díaz tocouna de cabeza até en dúas ocasións a dianteira venezolana, plena de forza, para levar o coiro ante as centrais do Femarguín, plantarse soa ante Aco e batela por baixo.

Non pasaron nin 5 minutos cando as branquiazuis ampliaron aínda máis a súa vantaxe, grazas a un tanto en propia meta de Hari, que introduciu o balón na súa portería após varios rebotes nun córner lanzado moi pechado por Teresa Abelleira.

Á media hora de xogo, o Femarguín recortou distancias nun libre directo colgado por Carla que non tocou ningunha xogadora e introduciuse directamente na portería de Miralles.

Xa no tempo de prolongación da primeira metade, Peke gozou de dúas grandes ocasións: a primeira, após un pase da morte de Teresa, pero rematou fóra; a segunda, batendo un centro de Cris que Aco atrapou con seguridade.

Se había algunha posibilidade de que ao Dépor ABANCA xurdísenlle as dúbidas, todas elas disipáronse nada máis arrincar a segunda metade. Após un saque de banda, Peke foise por velocidade de Sara e encarou a Aco. O disparo da dianteira deportivista rexeitouno a porteira, pero o balón volveu caer na cabeza da goleadora branquiazul, que o enviou ao fondo das mallas.

Co Femarguín tocado e a fortuna de cara, Gaby aumentou a vantaxe até o 1-4, ao bater á porteira local de rebote, ao rexeitar no seu corpo un despexe de Aco a centro de Patri Díaz. Nese momento, con aínda 40 minutos por diante, quedaban vistos para sentenza tanto a eliminatoria como un partido no que apenas volveu haber ocasións, salvo algúns achegamentos do Dépor ABANCA xa nos minutos finais, por medio de Michelle Romero ou Nuria.

CD Femarguín: Aco, Carla, Sara, Lorena, Hari (Zule, min. 15), Cinthya, Chami, Eli (Mawi, min. 64), Zaira, Nayara e Kia.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Silvia Mérida (Raquel, min. 46), Iris, Patri Díaz, Teresa Abelleira, Lía (Kika, min. 82), Alba Merino, Maya Yamamoto (Nuria, min. 75), Peke (Michelle Romero, min. 87) e Gaby.

Goles: 0-1 Gaby (min. 6); 0-2 Hari, en propia meta (min. 10); 1-2 Carla (min. 30); 1-3 Peke (min. 47); 1-4 Gaby (min. 51).

Árbitra: Alicia Espinosa Ríos (c. madrileño). Cartón amarelo a Silvia Mérida (min. 29), Kia (min. 56), Alba Merino (min. 61), Chami (min. 64) e Zaira (min. 71).

Incidencias: partido correspondente ao encontro de volta da segunda eliminatoria da fase de ascenso á Liga Iberdrola disputado no Estadio Municipal de Arguineguín ante uns 1.500 espectadores.

Case 32 anos despois do último partido do Karbo Deportivo na Copa da Raíña, a única competición nacional existente por entón, o fútbol feminino coruñés regresa á elite da man do Deportivo ABANCA, que pecha unha temporada sensacional na que sumou 29 vitorias e 1 empate nos 30 partidos que disputou.

A campaña transcorreu así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

SEGUNDA DIVISIÓN GRUPO 1
Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - CPM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Erika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Oviedo Moderno CF 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)
Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke) - Victoria CF 0
CD Monte 0 - Deportivo ABANCA 3 (Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 14 (Michelle Romero -2-, Alba Merino -3-, Teresa, Yamamoto -2-, Ali Muñoz, Gaby -3-, Nuria e unha futbolista rival en propia meta) - Atlético Arousana 0
CDE Racing Féminas 0 - Deportivo ABANCA 3 (Michelle Romero e Alba Merino -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Alba Merino, Michelle Romero, Peke, Lía, Nuria, Ali Muñoz e unha futbolista rival en propia meta) - Sporting de Gijón 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 9 (Michelle Romero -2-, Peke -3-, Gaby, Iris, Ali Muñoz e Yamamoto)
Deportivo ABANCA 11 (Peke -5-, Laura, Iris, Yamamoto, Michelle Romero e Alba Merino -2) - CD Valladares 0
CD Oceja 1 - Deportivo ABANCA 5 (Alba Merino, Iris e Peke -3-)
Deportivo ABANCA 4 (Lía, Laura, Gaby e Ali Muñoz) - Victoria FC 1
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Peke -2-, Gaby, Patri López e Teresa)
SCD Atlántida de Matamá 0 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
Deportivo ABANCA 4 (Yamamoto, Gaby -2- e Silvia Mérida) - Oviedo Moderno CF 1
PROMOCIÓN DE ASCENSO A LIGA IBERDROLA
Alhama 0 - Deportivo ABANCA 1 (Yamamoto)
Deportivo ABANCA 5 (Teresa, Gaby, Peke, Mérida e Yamamoto) - Alhama 1
Deportivo ABANCA 2 (Peke e Nuria) - Femarguín 0
Femarguín 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta)