RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA golea ao CD Valladares e xa supera os 130 tantos a favor en liga

10/03/2019 14:55

O Deportivo ABANCA superou en Abegondo con comodidade (11-0) ao CD Valladares e, con esta cifra, alcanzou os 131 goles a favor nos 21 partidos disputados até a data no grupo 1º da Segunda División Nacional.

Aínda por riba, as deportivistas encadean 7 partidos consecutivos sen recibir un só gol. Son, con diferenza, o equipo menos batido, con 10 dianas encaixadas até a data.

Peke -5-, Laura, Iris, Yamamoto, Michelle Romero e Alba Merino -2- foron as autoras dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA lidera o grupo con 61 puntos; por 56 do segundo clasificado, o Oviedo Moderno CF.

Deportivo ABANCA: Curbelo, Patri López, Erika, Raquel, Laura, Iris, Yamamoto, Kika, Lía, Ali Muñoz e Peke. Tamén xogaron: Michelle Romero, Teresa Abelleira, Alba Merino e Cris.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA visita ao CD Oceja, pechacancelas do grupo.

A campaña transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - CPM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Érika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Oviedo Moderno CF 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)
Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke) - Victoria CF 0
CD Monte 0 - Deportivo ABANCA 3 (Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 14 (Michelle Romero -2-, Alba Merino -3-, Teresa, Yamamoto -2-, Ali Muñoz, Gaby -3-, Nuria e unha futbolista rival en propia meta) - Atlético Arousana 0
CDE Racing Féminas 0 - Deportivo ABANCA 3 (Michelle Romero e Alba Merino -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Alba Merino, Michelle Romero, Peke, Lía, Nuria, Ali Muñoz e unha futbolista rival en propia meta) - Sporting de Gijón 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 9 (Michelle Romero -2-, Peke -3-, Gaby, Iris, Ali Muñoz e Yamamoto)
Deportivo ABANCA 11 (Peke -5-, Laura, Iris, Yamamoto, Michelle Romero e Alba Merino -2) - CD Valladares 0