RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA prepara desde mañá o playout do martes na Coruña ante a Real Unión de Tenerife

28/05/2022 22:03

Finalizado o partido en Abegondo ante o Atlético de Madrid B, co que concluíu a liga no grupo note de Reto Iberdrola, o Deportivo ABANCA adéstrase mañá domingo ás 11:30 na Cidade Deportiva.

Ao ter que disputar un playout este martes 31 de maio ás 20:00 na Coruña, a partido único ante a Real Unión de Tenerife, o equipo branquiazul comezará inmediatamente a preparación dese choque decisivo para manter a categoría.