RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA supera ao Valladares e recupera o mando da Segunda Nacional

04/11/2018 14:29

Foto: - @ValladaresFem -

O Deportivo ABANCA, que xa ía por diante no marcador ao minuto de xogo, venceu en Vigo ao recentemente ascendido CD Valladares (0-5).

Esta vitoria, unida ao empate do Oviedo Moderno CF na súa visita ao CD Monte (1-1) fai que as deportivistas recuperen o mando da clasificación do grupo 1º de Segunda División Nacional. Agora mesmo, após 8 partidos, ambos os equipos marchan na cabeza con 22 puntos, aínda que na diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente o Deportivo ABANCA: +41 por +28 do Oviedo Moderno CF.

Ante o CD Valladares, Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke foron os autores dos goles branquiazuis.

O partido tívoo baixo control en todo momento o Deportivo ABANCA, aínda sen crear demasiadas ocasións de gol.

Deportivo ABANCA: Miralles, Raquel, Iris, Silvia Mérida, Nuria Rábano, Michelle Romero, Alba Merino, Teresa, Gaby, Kika e Ali. Tamén xogaron: Lía, Cris, Miriam e Peke.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA recibe en Abegondo ao CD Oceja.

A temporada transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merina e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)