RCD / NOVAS

O Dépor busca mañá mércores a remontada en Copa con 18 futbolistas

20/12/2016 20:01

O Deportivo buscará mañá mércores 21 de decembro en Riazor (21.00 horas, Bein Sports) remontar ante o Betis o 1-0 da ida no Benito Villamarín e acceder aos oitavos de final da Copa do Rey. Entre os que quedan fóra da convocatoria está, por precaución, Florin Andone, que acabou o adestramento de hoxe cunha leve sobrecarga nos isquiotibiais.

Os xogadores citados por Gaizka Garitano concéntranse mañá mércores ás 13.15 no hotel Meliá María Pita.

Esta tarde, cos fabrilistas Óscar e Nacho Monsalve, os técnicos incidiron na posesión, as finalizacións e, para acabar, o ensaio de xogadas a balón parado (saques de esquina e faltas). Carles Gil tivo adestramento no ximnasio e Laure exercitouse co readaptador, Fran Molano.

Tras o partido de Copa ante o Betis, os xogadores inician as súas vacacións de Nadal, ata o xoves 29 de decembro pola tarde.