RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor de #LaLigaGenuine completa a súa primeira xornada fronte ao Athletic

O Dépor de LaLiga Genuine completou a súa participación na primeira xornada desta temporada fronte ao Athletic Club. O resultado final foi de 1-2 para o Athletic, pero o Deportivo gañou unha das partes, a primeira da fin de semana, co golazo do vídeo.

Os parciais do choque foron:

Depor 0-1 Athletic
Depor 1-0 Athletic (Iván)
Depor 1-1 Athletic (Álex Gómez)
Depor 0-1 Athletic

Ademais, os xogadores de Pablo Barros acumularon un 27 sobre 30 en Fair Play neste partido, que unidos aos 26 ante Las Palmas e 29 contra o Espanyol sitúanos nas primeiras posicións desta clasificación xunto ao Córdoba e o propio Athletic.

No primeiro día da primeira xornada, o Dépor disputou dous partidos nos que o equipo competiu deixando unha boa imaxe.

No choque vespertino, os resultados parciais contra Las Palmas foron:

1ª Parte 0-0
2ª Parte 2-2 (Senén e Borja)
3ª Parte 0-0
4ª Parte 0-2

Pola tarde estivo enfronte un dos candidatos ao titulo, o Espanyol, con algúns dos seus futbolistas na selección española de Special Olympics, pero aínda así o Dépor competiu en todas as partes, perdendo pola mínima en dúas delas.

1ª Parte 2-0
2ª Parte 2-0
3ª Parte 1-0
4ª Parte 1-0

Completada a primeira xornada en Vila-real, este é o resto de calendario de LaLiga:

- 2ª fase: Tarragona (do 19 ao 21 de xaneiro de 2018)
- 3ª fase: Mallorca (do 13 ao 15 de abril de 2018)
- 4ª fase: Vigo (do 8 ao 10 de xuño de 2018)

Todos os partidos divídense en 4 tempos de 10 minutos cada un e o resultado final é o de períodos gañados por cada equipo e non o de goles anotados. É dicir, o marcador máis avultado que se poderá dar é o 4-0.

En LaLiga Genuine, ademais da suma de puntos polos resultados deportivos, co fin de que prime a deportividade e non a competitividade, todos os clubs contarán cada xornada cunha serie de puntos que premien o xogo limpo. Trátase dunha liga para compartir, non competir, e todas as accións que promovan o fair play serán premiadas con puntos na clasificación final.