RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor e Louzao únense nun clínic no que participaron preto de 40 nenos

O RC Deportivo e Louzao uníronse nun clínic no que participaron preto de 40 nenos e nenas, e que se desenvolveu por espazo de catro horas na Cidade Deportiva de Abegondo.

Baixo a supervisión de técnicos do Club, os participantes gozaron en primeiro lugar de diversas actividades e exercicios no campo 7.

Ao acabar o adestramento do primeiro equipo, os futbolistas branquiazuis saudaron aos participantes, e tres xogadores (Juanfran, Albentosa e Róber) foron os encargados de entregar os diplomas e un balón oficial para cada un.

Xa no campo 2, o mesmo no que diariamente adestra o Deportivo, os tres futbolistas xogaron cos participantes no clínic, con lanzamentos de penaltis, rondos...

Para concluír, nunha zona reservada do complexo deportivista, os nenos puideron saudar aos futbolistas, que asinaron autógrafos unha vez que estes pasaron pola ducha.