RCD / NOVAS

O Dépor visitará Ipurua o sábado 28 ás 18.30 h.

19/12/2016 16:24

A Liga de Fútbol Profesional comunicou hoxe luns o horario do partido da vixésima xornada de LaLiga Santander, na que o Dépor visita ao Eibar.

O encontro xogarase o sábado 28 de xaneiro ás 18.30 horas (Bein Sports) no Estadio de Ipurua.

Os horarios dos próximos partidos oficiais xa confirmados do Dépor son:

Copa do Rei, dezaseisavos de final, volta
Mércores 21 de decembro, 21.00 horas, Riazor, Deportivo - Betis


Xornada 17
Venres 6 de xaneiro de 2017, 20.45 horas, Cornellá O Prat, Espanyol - Deportivo (Gol)

Xornada 18
Domingo 15 de xaneiro de 2017, 16.15 horas, Riazor, Deportivo-Vilarreal CF (Bein Sports)

Xornada 19
Venres 20 de xaneiro de 2017, 20.45 horas, Estadio de Gran Canaria, Las Palmas-Deportivo (Gol TV)

Xornada 20
Sábado 28 de xaneiro, 18.30 horas, Ipurua, Eibar - Deportivo (Bein Sports)