RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor xa coñece o calendario da Temporada 2018-2019

A Real Federación Española de Fútbol acolleu esta tarde o sorteo do Calendario da Temporada 2018-2019 para LaLiga 1|2|3 na que participará o Real Club Deportivo.

O sorteo, condicionado para o Dépor na disputa das primeiras xornadas lonxe do Estadio ABANCA-RIAZOR para poder rematar as obras de substitución da cuberta que esta levando a cabo o Concello da Coruña, deparou un Albacete-Dépor na primeira xornada, un Extremadura-Dépor na segunda e a visita ao CD Tenerife na terceira.

O Dépor-Córdoba será o peche da competición en ABANCA-RIAZOR, que estreará o seu novo aspecto na cuarta xornada nunha das grandes citas da temporada: o Dépor-Real Sporting.

As 42 xornadas poden consultarse na gráfica que encabeza esta noticia ou na seguinte ligazón:

Calendario Campionato Nacional de Liga de Segunda División