RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O deportivista Celso Borges, na lista preliminar de Costa Rica para a Copa de Ouro da CONCACAF do mes que vén

- Foto: concacaf.com -

A Federación Costarriqueña de Fútbol incluíu a Celso Borges na lista preliminar de xogadores que disputarán durante o mes de xullo en Estados Unidos a Copa de Ouro da CONCACAF.

Nos próximos días farase pública a lista definitiva de cara a este torneo continental de seleccións, equivalente á Eurocopa ou á Copa América.

O mediocentro branquiazul acaba de disputar coa súa selección, tamén en Estados Unidos, a Fase Final da Concacaf Nations League, en cuxos partidos foi titular.

Para este novo torneo continental, Costa Rica quedou encadrada no grupo C, xunto a Xamaica, Surinam e outro equipo procedente da rolda preliminar.

O calendario do combinado nacional 'tico', que xogará todos os seus partidos da primeira fase no Exploria Stadium de Orlando, é o seguinte:

Martes 13 de xullo (21:00 hora local, 3:00 do mércores 14 en España)
COSTA RICA - EQUIPO CLASIFICADO DA FASE PRELIMINAR

Sábado 17 de xullo (20:30 hora local, 2:30 do domingo 18 en España)
SURINAM - COSTA RICA

Mércores 21 de xullo (19:00 hora local, 1:00 do xoves 22 en España)
COSTA RICA - XAMAICA

En caso de entrar en convocatoria definitiva, Celso Borges concentrarase co resto dos seus compañeiros o próximo 28 de xuño.