RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O deportivista Celso Borges xa coñece as datas dos primeiros partidos clasificatorios para Qatar 2022

A selección de Costa Rica, na que é asiduo o deportivista Celso Borges, xa coñece as datas dos primeiros partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar 2022.

Serán todos eles a principios de setembro, na data FIFA habitual a estas alturas de temporada.

Nesta ocasión, a CONCACAF cambiou o formato tradicional da súa fase clasificatoria. O coñecido como 'Hexagonal Final' pasa a ser un octogonal no que os tres primeiros obterán billete directo para Qatar e o cuarto disputará unha repesca fronte ao gañador do playoff de Asia, o quinto clasificado de Sudamérica ou o vencedor da fase previa de Oceanía. Os gañadores desas dúas repescas tamén se clasificarán para a Copa do Mundo.

O calendario do combinado 'tico' é o seguinte:

Xoves 2 de setembro, 19:05 (hora local, 3:05 do venres 3 en España)
PANAMÁ - COSTA RICA no Estadio Rommel Fernández de Cidade de Panamá (Panamá)

Domingo 5 de setembro, 17:00 (hora local, 1:00 do luns 6 en España)
COSTA RICA - MÉXICO, no Estadio Nacional de San José (Costa Rica)

Mércores 8 de setembro, 19:00 (hora local, 3:00 do xoves 9 en España)
COSTA RICA - XAMAICA, no Estadio Nacional de San José (Costa Rica)

Os outros rivais de Costa Rica no octogonal son Estados Unidos, Canadá, Honduras e O Salvador.

Celso Borges foi elixido o once ideal da última edición da Copa de Ouro da CONCACAF, que se disputou o pasado mes de xullo en Estados Unidos.

O mediocentro costarriqueño quedou a un paso das semifinais, ao ser apeado o combinado 'tico' por Canadá (0-2) nos cuartos de final.

Celso realizou un gran papel no torneo e igualou co xa retirado Walter Centeno como o futbolista con máis partidos na Tricolor, un total de 135.

Ademais, xogou o seu partido número 25 desde 2009 nesta competición, equivalente á Copa América ou a Eurocopa. Outra marca que pasou á historia do fútbol 'tico'.

O centrocampista do Dépor xogou os catro partidos da última edición da Copa de Ouro, tres deles de titular, anotou dúas dianas e as estatísticas reflicten once recuperacións.