RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA alcanza velocidade de cruceiro

O Deportivo ABANCA colle velocidade de cruceiro na competición do grupo 1º de Segunda División Nacional.

Esta mañá, en Abegondo, gañou con contundencia e claridade (5-1) ao CDE Rácing Féminas, un dos equipos da zona alta da clasificación.

Gaby -2-, Miriam e Kika -2- foron as autoras dos goles branquiazuis. E puideron ser máis, posto que o Deportivo ABANCA estrelou 3 balóns nos paus e o colexiado anulou outro ao equipo que prepara Manu Sánchez.

O choque ademais deixou o debut de Alba Merino. Xogou os últimos 12 minutos en substitución de Teresa Abelleira.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA suma 13 puntos na segunda posición. O Oviedo Moderno é o líder do grupo, con 15 puntos.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Laura, Miriam, Raquel, Iris, Teresa, Peke, Gaby, Michelle Romero e Erika. Tamén xogaron: Nuria, Kika, Lía e a citada Alba Merino.

A próxima fin de semana haberá un novo reto para o Deportivo ABANCA. Visita ao Sporting de Gijón, cuarto na clasificación, con 3 puntos menos que as deportivistas.

A temporada transcorre así para o Deportivo ABANCA:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Erika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1