RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA amarra o derbi coruñés pola vía rápida

16/09/2018 19:39

O Deportivo ABANCA sumou o seu primeiro triunfo no grupo 1º da Segunda División Nacional no derbi coruñés (0-7) ante o Victoria CF, correspondente á 2ª xornada.

O partido sentenciárono as xogadoras deportivistas pola vía rápida, con 4 goles na primeira metade, á que se chegou cun 0-4 definitivo.

Lía converteuse na primeira xogadora en disputar 50 partidos en liga co Dépor ABANCA e celebrouno anotando un tanto.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA suma 4 puntos de 6 disputados.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Silva Mérida, Miriam, Patri Rúa, Iris, Teresa, Peke, Ali Muñoz, Michelle Romero e Érika. Tamén xogaron: Lía, Kika, Gaby e Laura.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA recibe en Abegondo ao CD Monte.

A temporada transcorre así para o Deportivo ABANCA:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)