RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA comezou unha pretemporada con 28 adestramentos e 10 partidos

O Deportivo ABANCA iniciou este martes 18 de xullo a pretemporada cara ao curso 2017-2018, o segundo da historia do conxunto feminino branquiazul, nun verán no que as futbolistas branquiazuis completarán 28 sesións de adestramento e, no mellor dos casos, 10 partidos.

O Deportivo ABANCA conta con 22 xogadoras no seu cadro cara á Temporada 2017-2018: Anita, Malena e Sheila (porteiras), Cris, Miga, Miriam, Raquel, Silvia Mérida, Laura Vázquez e Patri Rúa (defensas), María Corral, Tere Abelleira, Kika Moreno, Lía, Gere e Iris (centrocampistas), Estefi, Nuria, Gaby García, Peke, Jone Bilbao e Sara (dianteiras).

No primeiro día de traballo, na Cidade Deportiva de Abegondo, Miriam non estivo presente por motivos persoais. Por contra, sumáronse dous gardametas do Deportivo ABANCA B, María Miralles e Jessi; outras dúas xogadoras do segundo equipo, Antía e Michelle; e Cris Oreiro, futbolista que se atopa a proba á espera de que os Servizos Médicos do Club dean o visto e prace á súa fichaxe.

As xogadoras realizaron un pequeno traballo de prenvencion de lesións, activación, un circuíto técnico e partidillos amplos e reducidos.

Estes son o cinco partidos confirmados ata o momento para a pretemporada do primeiro equipo feminino deportivista:

5 de agosto: Deportivo ABANCA - Athletic Club (Estadio ABANCA-RIAZOR)
9 de agosto: Sporting Braga - Deportivo ABANCA (Braga, Portugal)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato 3 en 1, contra CPM Friol e Victoria FC (A Reigosa, Friol)
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)

A estes encontros hai que engadir os que disputará o equipo en Copa Deputación da Coruña, pendente de sorteo. As datas desta competición, da que o Dépor ABANCA é o actual campión, son as seguintes:

30 de xullo: fase previa
6 de agosto: oitavos de final
13 de agosto: cuartos de final
20 de agosto: semifinais
26 de agosto: final (23 de agosto no caso de que a dispute o Deportivo ABANCA)

O campionato do grupo 1º de Segunda División Nacional arrincará o 3 de setembro.