RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA dáse un festín goleador á conta do Atlético Arousana

03/02/2019 19:06

O Deportivo ABANCA deuse un festín goleador en Abegondo (14-0) ante o Atlético Arousana, en partido correspondente á 17ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional.

O resultado fala ben ás claras da enorme diferenza existente entre os dous equipos. De feito, Manu Sánchez, técnico deportivista, aproveitou para aliñar de inicio á canteirá María Calvo.

Michelle Romero -2-, Alba Merino -3-, Teresa, Yamamoto -2-, Ali Muñoz, Gaby -3-, Nuria e unha futbolista rival en propia meta foron as goleadoras branquiazuis.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA lidera o grupo con 49 puntos; por 46 puntos do seu inmediato perseguidor e gran rival polo título, o Oviedo Moderno CF.

Deportivo ABANCA: Curbelo, Cris, Silvia Mérida, Laura, Raquel, Iris, Teresa, Alba Merino, María Calvo, Michelle Romero e Peke. Tamén xogaron: Gaby, Yamamoto, Ali Muñoz e Nuria.

Agora, o conxunto deportivista terá 15 días para preparar o seguinte choque ligueiro, a visita ao CDE Rácing Féminas de Santander.

A campaña transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - CPM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Érika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Oviedo Moderno CF 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)
Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke) - Victoria CF 0
CD Monte 0 - Deportivo ABANCA 3 (Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 14 (Michelle Romero -2-, Alba Merino -3-, Teresa, Yamamoto -2-, Ali Muñoz, Gaby -3-, Nuria e unha futbolista rival en propia meta) - Atlético Arousana 0