RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA estreará a domicilio a liga 2017-2018, ante o Gijón FF

21/07/2017 16:30

O Deportivo ABANCA dará inicio á súa segunda temporada no grupo 1º de Segunda División Nacional cun partido fóra de casa, fronte ao Gijón FF.

O campionato dará inicio a fin de semana do 3 de setembro.

O primeiro equipo feminino branquiazul disputará unha semana máis tarde o seu primeiro encontro como local. Neste caso, o seu rival será o Atlántida Matamá.

O duelo local fronte á Victoria CF disputarase nas xornadas 12 (3 de decembro) e 25 (15 de abril), mentres que os duelos fronte ao campión da pasada temporada, o Oviedo Moderno CF, terán lugar nas xornadas 10 (19 de novembro na capital asturiana) e 23 (25 de marzo en terreo branquiazul).

Xornada 1 (03/09/2017) Xornada 14 (07/01/2018)
Gijón FF A Deportivo ABANCA
Xornada 2 (10/09/2017) Xornada 15 (14/01/2018)
Deportivo ABANCA Atlántida Matamá
Xornada 3 (24/09/2017) Xornada 16 (28/01/2018)
Deportivo ABANCA CD Femiastur A
Xornada 4 (01/10/2017) Xornada 17 (04/02/2018)
Victoria FC Deportivo ABANCA
Xornada 5 (08/10/2017) Xornada 18 (18/02/2018)
Deportivo ABANCA Sárdoma CF
Xornada 6 (15/10/2017) Xornada 19 (25/02/2018)
CDE Racing Féminas Deportivo ABANCA
Xornada 7 (29/10/2017) Xornada 20 (04/03/2018)
Deportivo ABANCA CF Vimenor A
Xornada 8 (05/11/2017) Xornada 21 (11/03/2018)
CD Monte Deportivo ABANCA
Xornada 9 (12/11/2017) Xornada 22 (18/03/2018)
Deportivo ABANCA UD Llanera A
Xornada 10 (19/11/2017) Xornada 23 (25/03/2018)
Oviedo Moderno CF A Deportivo ABANCA
Xornada 11 (26/11/2017) Xornada 24 (01/04/2018)
Deportivo ABANCA Real Sporting de Gijón A
Xornada 12 (03/12/2017) Xornada 25 (15/04/2018)
Victoria CF Deportivo ABANCA
Xornada 13 (10/12/2017) Xornada 26 (22/04/2018)
Deportivo ABANCA CPM Friol