RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA imponse ao Victoria CF nun derbi marcado polas ocasións falladas

O Deportivo ABANCA venceu ao Victoria CF no derbi coruñés disputado esta mañá en Abegondo (2-0), en partido correspondente á 15ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

O encontro estivo marcado polas numerosas ocasións de gol malogradas polas branquiazuis. Só Gaby e Peke acertaron ante a meta rival para dar os 3 puntos con toda xustiza ao equipo que prepara Manu Sánchez, dominador absoluto do xogo.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA manda na categoría con 43 puntos; con 3 de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Oviedo Moderno CF, que ten 40.

Deportivo ABANCA: Curbelo, Cris, Raquel, Laura, Silvia Mérida, Iris, Teresa, Kika, Gaby, Ali Muñoz e Peke. Tamén xogaron: Lía, Michelle Romero, Alba Merino e Andrea.

A próxima fin de semana, as branquiazuis visitan a incómoda cancha do CD Monte.