RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA liquida con claridade a cita co Sárdoma CF

02/12/2018 19:29

Como era de supor, dada a diferenza existente esta temporada entre ambos os equipos, o Deportivo ABANCA non tivo apenas problemas (5-0) para amarrar os 3 puntos ante o Sárdoma CF, situado na última posición do grupo 1º da Segunda División Nacional.

As viguesas optaron por tentar defender con orde no seu propio campo e deixaron que o peso do partido levárano as deportivistas, superiores en todas as facetas do xogo.

O perigo neste tipo de partidos é máis o exceso de relaxación que as posibles virtudes que dun rival do outro lado da clasificación.

Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta foron as goleadoras branquiazuis neste partido correspondente á 11ª xornada ligueira.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA segue á fronte do grupo con 31 puntos, os mesmos que o Oviedo Moderno CF, aínda que a diferenza de goles é claramente favorable ás deportivistas: +52 por +32 as ovetenses.

Deportivo ABANCA: Curbelo, Patri López, Erika, Raquel, Silvia Mérida, Iris, Teresa, Kika, Yamamoto, Peke e Ali Muñoz. Tamén xogaron: Patri Díaz, Gaby, Alba Merino e Michelle Romero.

A próxima fin de semana de novo toca partido en Abegondo. Nesta ocasión, o rival será o SCD Atlántida de Matamá.

A temporada transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Erika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0