RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA non perdoou os erros do Atlético Arousana

30/09/2018 14:45

O Deportivo ABANCA non perdoou ao Atlético Arousana, ao que derrotou este mediodía (0-8) en partido da 4ª xornada no grupo 1º da Segunda División Nacional.

Erika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta foron as autoras dos goles deportivistas nunha plácida mañá para o Deportivo ABANCA.

Con este resultado, o conxunto branquiazul, segundo na táboa, suma 10 puntos por 12 puntos do líder, o Oviedo Moderno.

Deportivo ABANCA: Miralles, Miriam, Iris, Mérida, Teresa, Kika, Erika, Carlota, Michelle Romero, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Laura, Cris, Patri Díaz e Nuria.

A próxima semana haberá parón ligueiro. En 15 días visitará Abegondo o CDE Rácing Féminas, un dos equipos importantes do grupo.

A temporada transcorre así para o Deportivo ABANCA:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Erika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)