RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo e o Brighton chegan a un acordo para o traspaso de Florin Andone

O Deportivo e o Brighton & Hove Albion, equipo da Premier League inglesa, chegaron hoxe a un acordo para o traspaso de Florin Andone ás gaivotas de Brighton.

Con esta operación conclúe, após dúas temporadas, a relación entre o dianteiro internacional romanés e o Dépor, co que disputou 69 partidos oficiais entre LaLiga e a Copa do Rei (4.655 minutos), marcou 18 goles e deu 6 asistencias.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Florin a súa entrega, sacrificio e traballo durante estes case 2 anos defendendo as nosas cores, desexándolle a maior das sortes no seu inmediato futuro profesional en terras inglesas, e no resto da súa traxectoria deportiva e persoal.