RCD / NOVAS

O Deportivo e o FC Krasnodar chegan a un acordo para o traspaso de Sidnei

19/07/2018 20:55

O Real Club Deportivo e o FC Krasnodar chegaron a un acordo para o traspaso de Sidnei Rechel da Silva Júnior ao equipo ruso. O Dépor autorizou a Sidnei a poñerse a disposición do Krasnodar para realizar as probas médicas previas ao peche da operación ao longo da fin de semana. 

O Deportivo quere agradecer sinceramente a Sidnei a súa achega e traballo durante estes catro anos defendendo as nosas cores e desexarlle os maiores éxitos no novo proxecto profesional que afronta desde este momento.

Máis novas de: SIDNEI