RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo e o Göztepe chegan a un acordo para o traspaso de Celso Borges

O Deportivo, o Göztepe, equipo da Superliga de Turquía, e Celso Borges pecharon hoxe o acordo para o traspaso do futbolista ao equipo da cidade de Esmirna.

Con esta operación conclúe, após tres temporadas e media, a relación entre o centrocampista internacional costarriqueño e o Dépor, co que disputou 111 partidos oficiais entre LaLiga e a Copa do Rei, marcou 15 goles e deu 6 asistencias.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Celso a súa exemplar disposición, traballo e profesionalidade durante estes anos defendendo as nosas cores, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.