RCD / NOVAS

O Deportivo e o Olimpiakos chegan a un acordo para o traspaso de Guilherme

17/08/2018 19:00

O Deportivo, o Olimpiakos CFP, equipo da Superliga de Grecia, e Guilherme dos Santos chegaron hoxe a un acordo para o traspaso do xogador ao equipo do Pireo.

Con esta operación conclúe, após dúas temporadas, a relación entre o centrocampista brasileiro e o Dépor, co que disputou 67 partidos oficiais entre LaLiga e a Copa do Rei, marcou 2 goles e deu 1 asistencia.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Guilherme o seu traballo e profesionalidad durante estes dous anos defendendo as nosas cores, desexándolle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.

Máis novas de: GUILHERME