RCD / NOVAS

O Deportivo Feminino A viaxa a Oviedo con todas as súas futbolistas

10/12/2016 18:45

O Deportivo Feminino A viaxa a Oviedo con todas as súas xogadoras, 21 en total, para medirse mañá 11 de decembro ao líder Oviedo Moderno e tratar de apertar a clasificación no grupo 1º da Segunda División Nacional.

O partido xogarase no Municipal Díaz Veiga da cidade ovetense, a partir das 16.30 horas.

Actualmente, o Deportivo Feminino A suma 31 puntos na segunda posición da táboa. O Oviedo Moderno manda na clasificación con 35 puntos.

Dada a importancia do encontro, o técnico deportivista, Manu Sánchez, optou por levar a todas as súas futbolistas.